Novo servizo de liberación de móbiles

liberar

Que os usuarios non somos fideis ás operadoras non é unha novidade: se hai uns anos facíanse os cambios de compañía chamados por ofertas de terminais, hoxe en día fanse para disfrutar de mellores tarifas cun servizo semellante.

Porén, os terminais seguen sendo unha ferramenta para atar clientes, sobre todo nas gamas altas, pois ao non poder empregarse noutras redes os usuarios acaban por permanecer na compañía que os amarra. Para facilitar a migración co seu smartphone a outras operadoras ou simplemente para telo desbloqueado e poder usar unha SIM diferente (opción recomendábel, por exemplo, nas viaxes para evitar o roaming) está a liberación, un proceso a través do cal os teléfonos bloqueados polas operadoras deixan de estalo e poden usarse con tarxetas SIM de calquera compañía.

Para que poidades liberar os vosos terminais (Android ou non Android) vimos de integrar na páxina un servizo de liberacion de dispositivos, en colaboración con MobilGal, grazas ao cal poderedes desbloquear os vosos teléfonos dun xeito moi sinxelo e sen movervos da casa. Para facelo debedes entrar nesta páxina e seguir os pasos que se indican. Aló atoparedes tamén o manual para insertar o código de desbloqueo no voso smartphone e os datos de contacto para dúbidas ou soporte técnico.

Que vos parece?

Sobre o autor

Reply