Jiayu F1, un smartphone Android por 69 €

jiayu-f1

Hai uns días, como resposta á oferta de La Voz de Galicia, apuntamos tres smarphones Android por menos de 100 euros, unha listaxe de dispositivos que hoxe medra co Jiayu F1, un dispositivo que chegará ás tendas do noso país este mes por 69 euros.

Este terminal dual SIM vén cunha pantalla de 4 polgadas (800 x 480 píxeles), procesador de dobre núcleo a 1,3 GHz, 512 MB de RAM e 4 GB de almacenaxe interna ampliábeis por microSDs de 64 GB. Incorpora dobre cámara, a principal de 5 megapíxeles, e unha frontal de 0,3.

Entre os aspectos máis destacábeis, ademais do prezo, está a inclusión dunha batería de gran capacidade, 2400 mAh, que seguro achegan unha boa autonomía se  temos en conta a modesta potencia do dispositivo. No que ten a ver co software, vén con Android 4.2 Jelly Bean, aínda que con interface propia do fabricante, Aliyun OS.

Sobre o autor

Reply