Samsung presenta unha funda ultrasónica que detecta obstáculos

O Samsung Galaxy Core Advance que coñecemos o pasado mes de decembro, o dispositivo máis robusto do fabricante coreano, vén de recibir un complemento moi interesante e curioso: unha funda ultrasónica.

samsung_ultrasonic_cover

Este accesorio permite detectar os obstáculos que hai arredor do terminal, a unha distancia máxima de 2 metros, avisando mediante vibracións ou sons dos mesmos para non chocar con eles. Isto abre a porta a mellorar o día a día de persoas con dificultades visuais, aínda que nós tamén lle vemos moita utilidade á hora de visitar covas ou calquera outra actividade de espeleoloxía (pensemos que o Galaxy Core Advance está deseñado para aguantar golpes e molladuras, o que o fai especialmente útil para os máis aventureiros).

O Galaxy Core Advance ten unha pantalla de 4,7 polgadas (800 x 480 píxeles), procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 1 GB de memoria RAM, 8 GB de almacenaxe interna ampliábeis por microSD, cámaras de 5 e 0,3 megapíxeles e unha batería de 2000 mAh.

Sobre o autor

Reply