Recén acabamos de saber de Android Wear xa temos información sobre dous dispositivos que levarán este sistema operativo, o Moto 360 e o LG G Watch.
O Moto 360, que xa ten habilitada unha web específica, sería a alternativa de Motorola, unha compañía que formou parte de Google e que hai uns meses foi adquirida pola chinesa Lenovo. A compañía responsábel dos exitosos Moto G e Moto X prepara o seu reloxo intelixente para este verán, cun deseño circular que nos lembra aos clásicos reloxos de toda a vida.
Doutra banda, LG vén de confirmar o seu G Watch (e que podería ser o Nexus dos smartwatches) da man do seu CEO, Jong-seok Park, quen se amosou moi satisfeito das colaboracións entre a compañía coreana e Google.
De seguro que nas próximas semanas veremos como outros fabricantes vanse sumando ao carro de Android Wear, aínda que desde Mallando no Android preguntámonos que fará un dos grandes, Samsung, que en febreiro anunciou o seu Gear Fit con Tizen.