O Chromecast xa se pode mercar no noso País por 35 €

Co Chromecast pasou como con outras tantas ducias de produtos de Google. A dispoñibilidade only USA desesperou a moita xente que quería disfrutar dun dispositivo coma este. Pero isto deixa de ser un problema para nós, pois vense de anunciar o seu lanzamento no noso País, onde xa o podemos mercar oficialmente.

chromecast

Este pincho HDMI de Google, que se conecta á nosa televisión no conector HDMI, permítenos reproducir contidos multimedia situados no noso smartphone Android ou computador (aínda que tamén en liña) co televisor. O trebello compleméntase cunha aplicación que debemos instalar no noso trebello para podelo empregar, aínda que existen outras non oficiais que amplían as súas posibilidades, como AirCast, da que xa falamos no blog.

O Chromecast está dispoñíbel na Play Store por 35 €, aos que hai que sumar os gastos de envío.

Sobre o autor

Reply