O asistente de voz Sherpa, desenvolto en Euskadi, vén de superar o millón de descargas na Play Store, unha cifra que demostra o éxito desta aplicación que axuda a facer as cousas máis sinxelas aos usuarios dos smartphones.
Como xa temos comentado en máis dunha ocasión polo blog, Sherpa responde ás preguntas que se lle formulan en linguaxe natural (que tempo vai facer en Ferrol? Como quedou o meu equipo? …) e vai un paso máis aló, aprendendo dos usos que lle deamos á aplicación para anticiparse ás nosas necesidades. Ademais, tal e como confirmaron no pasado Sherpa Summit celebrado en Bilbao, tamén están a traballar nunha versión para lentes intelixentes, como as Google Glass.
A aplicación pódese descargar da Play Store, onde conta con máis de 55.000 comentarios e unha valoración media de 4,5 / 5.
Vós usades algún asistente de voz?