Woxter lanzou hai uns días unha nova tablet da serie Nimbus, a Nimbus 85 Q, un dispositivo con pantalla IPS de 7,85 polgadas (1024 x 768 píxeles) fabricada con tecnoloxía OGS (One Glass Solution), que elimina unha capa da pantalla permitindo así reducir o seu consumo enerxético e mellorar notabelmente a nitidez da imaxe.
Polo demais, a nova tablet de Woxter incorpora un procesador de catro núcleos a 1,6 GHz, 1 GB de memoria RAM, 8 GB de memoria interna (ampliábeis por microSD de até 64 GB), dobre cámara (2 MP e VGA) e batería de 4000 mAh, o que a sitúa na gama media.
A conectividade á rede realízase a través da WiFi, pois non hai versión 3G/4G; dispón de conector miniHDMI que permite compartir o contido noutra pantalla maior.
A nova Woxter Nimbus 85 Q estará dispoñíbel desde o 1 de abril por 169 €.