10 mitos sobre as Google Glass

google glass

Un produto como as Google Glass xeran fascinación, mais tamén un mar de dúbidas entre as persoas que falan delas de oídas. Por iso desde Google elaboraron unha listaxe con 10 mitos sobre estes lentes, que seguro aclaran algunhas ideas e preconceptos sobre os mesmos.

1.- As Google Glass distráennos do mundo real. Seguro que en máis dunha ocasión vístesvos despistándovos dunha conversa por estar mirando o móbil ou, peor aínda, levando algún que outro sustiño por cruzar un paso de peóns sen mirar por ir twitteando. Google defende as Glass afirmando que, ao contario que cos smartphones, cos lentes temos menos distraccións porque podemos facer vida normal mentres os usamos.

2.- Sempre están gravando todo. O segundo mito cae polo seu propio peso: estar gravando sempre faría durar a batería só 45 minutos. A cámara das Glass actívase cando o usuario o solicita.

3.- Os Explorers son uns “tolos pola tecnoloxía”. O programa de Explorers, a beta coa que Google está a recibir feedback do produto, inclúe todo tipo de perfís, tanto puramente tecnolóxicos como xenéricos, o que permite establecer novos usos para un dispositivo como as Glass.

4.- Xa están listas para comercializarse. Aínda que todo apunta a que teremos unha versión comercial das Glass ao longo do ano, Google  fai especial fincapé nas nove actualizacións software e as tres melloras hardware que recibiron as Glass nos últimos 11 meses, o que clarifica que é aínda un produto beta.

5.- Teñen recoñecemento facial. Tecnicamente pode facelo, igual que o fan os nosos smartphones, pero Google non permite aplicacións que fagan isto.

rajoy glass

6.- Molestan nos ollos. As Glass sitúanse por riba dos ollos, polo que sempre queda libre a liña de visión. Para ver a pantalla das Google Glass tes que levantar a vista do ollo dereito. E si, Rajoy lévaas mal.

7.- Son o aparello perfecto para vixilancia. Un tanto relacionado co punto 5, Google sae ao paso de quen di que as Glass non serven para vixiar, pois é evidente que unha persoa levando unhas Glass é claramente recoñecíbel.

8.- É un trebello para privelexiados. Ligando co número 4, as Glass son un prototipo caro. Os 1500 dólares que custan fan que non sexa un produto ao alcance de todos, pero precisan que este prezo non significa que vaia ser un produto para ricos (de feito especúlase que custen arredor dos 400 €).

9.- Está prohibido en todas partes. As Glass pódense considerar como un móbil e polo tanto as normas de convivencia que se aplican a estes serán as mesmas

10. – A fin da privacidade. Google lembra que a finais do XIX, coa chegada das cámaras, falouse da fin da privacidade, unha cuestión que se repetiría ao aparecer os primeiros smartphones con cámaras. As Glass non van máis aló neste senso, simplemente son outra ferramenta coa que capturar a vida, sen diferenzas co que xa existía.

Que vos parecen?

Vía

Sobre o autor

Reply