Que temos nas nosas pantallas de inicio?

android fondo

Das moitas cousas boas que teñen os nosos Android, a posibilidade de poder escollermos un ou outro dispositivo en función das nosas necesidades ou posibilidades económicas é unha grande vantaxe, pero outra non menos importante é o amplo abano de personalizacións diferentes que podemos ter. Cadaquén organiza os seus dispositivos do xeito máis eficiente ou que máis lle gusta, con widgets, cartafoles ou simples accesos a aplicacións.

Para ver que pinta teñen os vosos escritorios, hai uns días pedímosvos que nos enviásedes capturas dos vosos escritorios, amosando como os tiñades organizados, cuxo resultado é o que podedes ver neste artigo. En agradecemento, aquelas persoas que responderon á nosa petición recibirán nas súas casas un chaveiro do blog coma este.

zhais

Este primeiro escritorio é de Zhais, quen nos comentou que sempre ten a man o widget de Shazam, unha aplicación que recoñece as cancións que están a soar. Polo demais, na súa pantalla principal ten un xestor de correo electrónico, accede á alarma a través do widget do relexo e instalou a aplicación do Kindle para ler cando lle apetece e non ten a man o libro electrónico. As diferentes redes sociais, xogos e tendas que emprega tenas organizadas en cartafoles específicos.

ignacio

Pola súa banda, Ignacio ten un fondo feito con Sketchbook (por certo, compartiu no Google+ con todas e todos nósnós outros que fixo) e actualmente emprega dúas pantallas no seu Samsung Galaxy Note 2. Na principal ten o widget do tempo e o de lanterna que veñen de serie co TouchWiz (a capa de personalización de Samsung) e na secundaria o que permite ver a puntuación rexional do xogo Ingress. En canto a aplicacións, destaca a presenza de NFC Tools na primeira, posto que Ignacio emprega este tipo de etiquetas para diferentes accións.

angel

Ángel optou por un deseño máis minimalista, deixando un widget do tempo e hora na pantalla principal, así como o acceso ás funcións teléfono, WhatsApp e Telegram. Contounos que nas pantalla situadas no lado dereito e esquerdo da principal ten sendos widgets de calendario, un para o mensual e outro para ver os eventos diarios, cos que se mantén organizado.

rsanfiz

A alternativa que nos manda rsanfiz inclúe na pantalla principal o widget Dashclock con extensións para saber a batería e os datos consumidos. A pantalla secundaria tena reservada para as aplicacións que máis emprega, entre as que destaca Live Score Addicts para seguir os resultados do fútbol en directo.

roivalcarcel

Roi foi un paso máis aló e mandounos captura da tablet (esquerda) e do móbil (dereita); en ambos dispositivos comparte o fondo de escritorio e, en certa maneira, a orde das ferramentas. No móbil ten a man a cámara e galería, Trackthisformeun cartafol coas aplicacións de mensaxería e Keep. En canto a widgets, destaca HD Widgets para tempo/hora, WiFi e compartir conexión coa tablet. Este segundo trebello é o que emprega para xogar (de aí os dous cartafoles con xogos) e para retocar imaxes.

pablovicente

Pablo aposta pola limpeza nas pantallas de inicio, así que, igual que rsanfiz, aposta por Dashclock para ter a información de rede, alarma e mensaxes nun widget. Traballa con diferentes cartafoles (comunicación, aplicacións de Google e redes sociais) e nunha segunda pantalla ten o widget de Keep e do recoñecedor de cancións de Google.

david

David envíanos os dous escritorios que emprega; no principal ten as aplicacións que usa a diario ou con máis frecuencia, como a cámara, mentres que a segunda quédalle reservada para outras ferramentas como o transporte, a linguaxe ou a xestión de ficheiros.

ivan

Iván prefire ter todo organizado en 3 escritorios. No principal (central) ten o acceso ás aplicacións que máis usa e un widget de activación / desactivación de diferentes utilidades. A pantalla da esquerda resérvaa para ver os eventos do seu calendario e no da dereita ten o widget de Google Now.

alvaro

No caso de Álvaro, el prefire ter concentrado todo nunha pantalla principal, aínda que ten unha segunda de apoio. Síntese máis cómodo cos cartafoles ca cos widgets, e sempre deixa espazo para aplicacións que anda a probar (cousas de traballar nun blog coma este 😉 ), caso de Feirón ou BBM. De todas as aplicacións que ten instaladas, destaca Twitter, gReader e Foursquare por ser as que usa con maior frecuencia.

iago

Finalmente Iago emprega 4 escritorios. No principal ten o widget do tempo e acceso ás redes sociais e utilidades que máis emprega. O escritorio da esquerda resérvao para o widget de Google Now e principalmente ferramentas de (ou nas que garda) novas, como Pocket, mentres que o da dereita fica reservado para outras aplicacións de uso habitual, parte delas organizadas en cartafoles. No cuarto escritorio ten un widget de calendario e un reloxo de varios fusos horarios.

Como son os teus?

Sobre o autor

No Responses

Reply