Aínda que temos falado moito das Google Glass, e mesmo puidemos probalas un par de veces nos últimos meses, faltábanos algo: empregalas no día a día e ver de que maneira estes lentes intelixentes poden mudar a nosa vida cotiá, unha aventura que estamos a levar a cabo desde onte.
Aquí comeza a miña aventura, unha semana exercendo de Google Glass Explorer L’-) pic.twitter.com/bsTxBCPVG7
— Iago Varela Martínez (@iagovarela) March 27, 2014
Para abrir boca, deixámosvos o vídeo do unboxing das Glass, o primeiro que se fai na nosa lingua, no que podedes ver que nos podemos atopar na caixa que envía Google. Aproveitamos para convidarvos a que vos suscribades á nosa nova canle de YouTube, pois até o de agora tiñamos os vídeos distribuídos en diferentes contas.
Agradecemos a Ismael Reyes o préstamo do dispositivo para poder facer esta análise.
Que ganas de probalas!!!