Reduce os problemas se perdes o teu terminal con Android Device Manager

Fai poucos días pedímosvos axuda. Queriamos saber como tiñades organizados os vosos escritorios, que aplicacións usabades a cotío, se usabades widgets,… Fixándonos atopamos algunha aplicación que nos pareceu interesante e queremos compartir con todos vós.

Hoxe é a quenda de Android Device Manager que usa o noso amigo David, coa que temos acceso remoto ao noso terminal o que pode resultar necesario en caso de roubo.

screenshot-20140326-102623

O primeiro que temos que facer é instalar una lixeira aplicación no terminal. Logo logueámonos co contrasinal da conta de Google activa no terminal (xa que é unha aplicación de google, e non de terceiros) e configuramos dun xeito moi sinxelo.

screenshot-20140326-102447

screenshot-20140326-105834

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ademáis, na aplicación temos un mapa no que podemos ver onde se atopa o terminal cunha precisión de 27 metros segundo anuncia Google e outro botón non menos importante que é o de “hacer sonar“: Quen non “perdeu” o móbil nalgun momento do día e ao final estaba no sofá? Pois con esta opción, faremos soar o terminal e así atopalo rapidamente.

Unha vez configurada a aplicación, o control do terminal témolo dende o navegador do pc. Seguindo esta ruta, chegamos ás seguintes pantallas coa que podemos dar as ordes para facer soar o móbil, ou cambiar o patrón de desbloqueo e mesmo facer un reseteo de fábrica até borrar todos os nosos datos persoais.

Pantallazo-4

Pantallazo-1

Pantallazo

Para nós é unha aplicación que aporta un punto de tranquilidade en caso de perda ou roubo do noso terminal xa que hoxe en día a cantidade de información sensíbel que levamos no peto é moi importante.

Que pensades deste tipo de aplicacións? Usádelas?

Nome da aplicación: Android Device Manager.
Requerimentos: Android 2.3 e superiores.
Descarga: Google Play.

Sobre o autor

One Response

  1. Xoscar 31 Marzo, 2014 Responder

Reply

Deixa una resposta a Xoscar Cancelar a resposta