Seguimos coas aplicacións que coñecimos grazas á vosa axuda ao enviarnos os vosos escritorios. Desta volta fixámonos nunha aplicación de Ángel para estar ao día de como será o tempo na nosa comunidade. A aplicación chámase Datos Meteo Galicia.
O primeiro que nos atopamos logo da instalación é un collage de iconas en diferentes cores dándolle un toque informal. Desde está pantalla imos directamente á opción que desexemos. Una vez que queremos cambiar de opción e facer outro tipo de consulta, temos unha barra lataral á esquerda.
Nesta aplicacións temos as opcións típicas de calquera aplicación de tempo como vos amosamos a continuación:
Agora ben, o valor engadido que esta aplicación nos aporta é a posibilidade de ter información das mareas, das fases da lúa, situación dos encoros ou índice de radiación ultravioleta as cales non son moi habituais nalgunhas aplicacións deste tipo.
Tamén contamos con outra información moi importante para nós como son as alertas meteorolóxicas permitíndonos coñecer de ante man se imos atopar algún problema fora do normal nas proximas horas ou días.
Se cadra para nós esta é a opción, fóra das habituais, máis destacábel. E vós usadas este tipo de aplicacións ou non vos interesa moito a evolución do tempo? Cal?
Nome: Datos Meteo Galicia
Requerimentos: Android 2.3.3 e superiores.
Descarga: Play Store.
a aplicación é boa idea pero debe traballarse máis nela. Penso que é das mellores para o tempo en galiza pero falla en moitas cousas. Non está sempre operativa (polos servers de meteo galicia?) e tamén sería mellorable a calidade das iconas e do aspecto xeral que debera ser personalizable
moi recomendable a aplicación