Infórmate do tempo con Datos Meteo Galicia

Seguimos coas aplicacións que coñecimos grazas á vosa axuda ao enviarnos os vosos escritorios. Desta volta fixámonos nunha aplicación de Ángel para estar ao día de como será o tempo na nosa comunidade. A aplicación chámase Datos Meteo Galicia.

O primeiro que nos atopamos logo da instalación é un collage de iconas en diferentes cores dándolle un toque informal. Desde está pantalla imos directamente á opción que desexemos. Una vez que queremos cambiar de opción e facer outro tipo de consulta, temos unha barra lataral á esquerda.

screenshot-20140326-142143

screenshot-20140326-142818

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nesta aplicacións temos as opcións típicas de calquera aplicación de tempo como vos amosamos a continuación:

screenshot-20140326-142259

screenshot-20140326-142423

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Agora ben, o valor engadido que esta aplicación nos aporta é a posibilidade de ter información das mareas, das fases da lúa, situación dos encoros ou índice de radiación ultravioleta as cales non son moi habituais nalgunhas aplicacións deste tipo.

screenshot-20140326-142457

screenshot-20140326-142521

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamén contamos con outra información moi importante para nós como son as alertas meteorolóxicas permitíndonos coñecer de ante man se imos atopar algún problema fora do normal nas proximas horas ou días.

screenshot-20140326-144236

Se cadra para nós esta é a opción, fóra das habituais, máis destacábel. E vós usadas este tipo de aplicacións ou non vos interesa moito a evolución do tempo? Cal?

Nome: Datos Meteo Galicia
Requerimentos: Android 2.3.3 e superiores.
Descarga: Play Store.

Sobre o autor

One Response

  1. Nemigo 2 Abril, 2014 Responder

Reply

Deixa una resposta a Nemigo Cancelar a resposta