Desveladas as especificacións do Samsung Galaxy S5 Mini

logo samsung

Co Galaxy S5 a piques de saír á venda de xeito global comezan a chegar as novas das diferentes variantes do mesmo, nomeadamente do Galaxy S5 Mini, unha versión coas especificacións e prezo recurtados para o público que se conforma cun dispositivo de gama media.

A filtración, provinte de SamMobile, descubre as principais características técnicas, que pasan por unha pantalla de 4,5 polgadas (HD Super AMOLED), procesador SnapDragon (sen detallar), 1,5 GB de memoria RAM, 16 GB de memoria interna, cámaras de 8 e 2 megapíxeles, 2100 mAh de batería e resistencia á auga e suciedade segundo a certificación IP67.

O Galaxy S5 Mini sairá coa última versión de Android, 4.4 KitKat e podería chegar durante o verán

Sobre o autor

Reply