Woxter vén de anunciar o seu novo smartphone Zielo S11, un dispositivo que destaca polo seu deseño ultracompacto e lixeiro, quedando o seu peso en 126 gramos.
Incorpora unha pantalla HD OGS (One Glass Solution) de 5 polgadas e sistema de dobre altofalante para conseguir unha mellor calidade de son ao reproducir música ou calquera outro contido multimedia. O seu procesador é un quad core a 1,3 GHz, ten 1 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis con tarxetas microSD de até 32 GB.
Destacan as súas cámaras, a principal de 13 megapíxeles con flash LED e visión nocturna. A frontal é de 5 megapíxeles, atendendo a demanda dos usuarios que cada vez precisan mellores sensores nas cámaras frontais para os autorretratos.
Vén con Android 4.2.2 e estará dispoñíbel en dúas cores, branco e negro, a partir do 30 de abril por 219 euros. Así mesmo, durante os 2 anos de garantía comprométense a solucionar calquera avería en 48 horas.
Tén boa pinta, ainda que non aclara se dispón de 3G+ (cando estamos á beira de que todxs usemos o 4G). E seguramente tampouco se poda seleccionar o idioma galego, obrigándonos a escoller o portugués…
Boas!
Non é 4G e o tema do galego non está claro, aínda que de telo será simplemente nos menús, pois como temos comentado, Android non ten soporte de galego na actualidade.
Saúdos! 🙂