Woxter Zielo S11, 5 polgadas e quad core por 219 €

Woxter Zielo S11

Woxter vén de anunciar o seu novo smartphone Zielo S11, un dispositivo que destaca polo seu deseño ultracompacto e lixeiro, quedando o seu peso en 126 gramos.

Incorpora unha pantalla HD OGS (One Glass Solution) de 5 polgadas e sistema de dobre altofalante para conseguir unha mellor calidade de son ao reproducir música ou calquera outro contido multimedia. O seu procesador é un quad core a 1,3 GHz, ten 1 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis con tarxetas microSD de até 32 GB.

Destacan as súas cámaras, a principal de 13 megapíxeles con flash LED e visión nocturna. A frontal é de 5 megapíxeles, atendendo a demanda dos usuarios que cada vez precisan mellores sensores nas cámaras frontais para os autorretratos.

Vén con Android 4.2.2 e estará dispoñíbel en dúas cores, branco e negro, a partir do 30 de abril por 219 euros. Así mesmo, durante os 2 anos de garantía comprométense a solucionar calquera avería en 48 horas.

Sobre o autor

2 Comments

  1. eu 8 Abril, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 8 Abril, 2014 Responder

Reply

Deixa una resposta a eu Cancelar a resposta