Recentemente vimos como un xogo aparentemente sinxelo, que “ría de ti”, que case nos volvía tolos, acadaba cotas de descarga case que incribles. Seguro que xa sabedes que vos estamos a falar do Flappy Bird.
Pois ben, hoxe queremos amosarvos outro xogo deste estilo que se chama Raccoon Run, no que o protagonista é un simpático mapache que ten que saltar unha serie de obstáculos e se non o consegue, perde. Como non pode ser doutro xeito, a graza do xogo está na dificultade e teremos que conxugar velocidade nalgún momento e paciencia noutros.
O xogo preséntanos unha sinxela pantalla inicial na que temos 3 opcións:
- Play: para ir ao xogo directamente.
- Help: acceso a un mini titorial para coñecer como facer mover ao protragonista.
- Rate: é un acceso á tenda de Google.
Se nos paramos un pouco no titorial, vemos como nos amosa os dous únicos movementos cos que conta o xogo. Un deles é o que fai correr ao mapache xirando o smartphone á dereita e o outro que é pulsando na pantalla para que salte.
Tamén nun último paso antes de xogar, danos un consello de como facer saltos máis longos, como podedes ver na seguinte captura:
Logo desta sinxela aproximación ao xogo non queda moito máis que dicir, tan só deixarvos algunha imaxe de nós xogando:
Animádesvos a probar o xogo?
NOTA: non é que non lle adicaramos tempo ao xogo, é que somos moi malos e non acadamos máis dun salto 😉
Nome da aplicación: Raccoon Run.
Requerimentos: Android 2.3 e superiores.
Descarga: Play Store.
E moi divertido!!!. Ainda que non me da tempo a satalo, estou todo ó día dallé que te pego.
E aditivo.
Noraboa