Raccoon Run, o novo xogo de Mapache Apps

Recentemente vimos como un xogo aparentemente sinxelo, que “ría de ti”, que case nos volvía tolos, acadaba cotas de descarga case que incribles. Seguro que xa sabedes que vos estamos a falar do Flappy Bird.

Pois ben, hoxe queremos amosarvos outro xogo deste estilo que se chama Raccoon Run, no que o protagonista é un simpático mapache que ten que saltar unha serie de obstáculos e se non o consegue, perde. Como non pode ser doutro xeito, a graza do xogo está na dificultade e teremos que conxugar velocidade nalgún momento e paciencia noutros.

screenshot-20140404-094631

O xogo preséntanos unha sinxela pantalla inicial na que temos 3 opcións:

  1. Play: para ir ao xogo directamente.
  2. Help: acceso a un mini titorial para coñecer como facer mover ao protragonista.
  3. Rate: é un acceso á tenda de Google.

Se nos paramos un pouco no titorial, vemos como nos amosa os dous únicos movementos cos que conta o xogo. Un deles é o que fai correr ao mapache xirando o smartphone á dereita e o outro que é pulsando na pantalla para que salte.

screenshot-20140404-094641

screenshot-20140404-094655

Tamén nun último paso antes de xogar, danos un consello de como facer saltos máis longos, como podedes ver na seguinte captura:

screenshot-20140404-094705

Logo desta sinxela aproximación ao xogo non queda moito máis que dicir, tan só deixarvos algunha imaxe de nós xogando:

2014-04-02_12-50-10

screenshot-20140404-094841

Animádesvos a probar o xogo?

NOTA: non é que non lle adicaramos tempo ao xogo, é que somos moi malos e non acadamos máis dun salto 😉

Nome da aplicación: Raccoon Run.
Requerimentos: Android 2.3 e superiores.
Descarga: Play Store.

Sobre o autor

One Response

  1. Verónica 6 Maio, 2014 Responder

Reply