Prepara Google o redeseño de todas as súas aplicacións?

Google-Project-Hera

Google ten en marcha desde hai un tempo o denominado Project Hera, un proxecto que tería como obxectivo final fusionar diferentes servizos e sistemas (Android, ChromeOS e Search), aínda que ao tempo implicaría aplicar un redeseño de aplicacións e de interface, que podería chegar coa próxima versión do sistema operativo… ou antes.

Neste senso, nos últimos días veñense producindo filtracións de capturas de pantalla que amosan que están a traballar en novas versións de aplicacións tan importantes como Gmail ou Calendar, que incluirían tanto novas funcionalidades coma importantes cambios no plano estético.

novo gmail

No caso de Gmail, aparecen novas bandexas de entrada que se suman ás que podemos empregar na actualidade, como Finanzas, que permiten termos o correo moito máis organizado de xeito automatico, aínda que seguirá a ser unha funcionalidade opcional, como até o de agora. Tamén varía a situación do botón de compoñer novas mensaxes, que ocupará un posto flotante na parte inferior dereita.

novo calendar

Doutra banda, Google Calendar tamén recibiría o seu correspondente (e moi necesario) lavado de cara, engadindo axenda diaria, integrando os cumpreanos dos nosos contactos de Google+ e mellorando a experiencia de uso un scroll máis fluído. Así mesmo tamén aparece o mesmo “+” que na nova versión de Gmail, que neste caso servirá para engadir novos eventos.

Que vos parece este novo deseño? Preferides o actual?

Vía

Sobre o autor

One Response

  1. Álvaro M. Souto 10 Abril, 2014 Responder

Reply

Deixa una resposta a Álvaro M. Souto Cancelar a resposta