O Galaxy S5 chega ao noso País: todos os prezos e accesorios

Un dos terminais máis agardados do ano é sen dúbida o novo buque insignia de Samsung, o Galaxy S5, que mañá se pon á venda de xeito oficial no noso País xunto á nova xeración de reloxos intelixentes da serie Gear.

O terminal de referencia deste fabricante coreano para o 2014 muda certos aspectos do seu deseño sobre os seus predecesores e, aínda conservando os acabados en plástico, innova no tacto cun perforado que senta ben nas mans. Así mesmo, o novo dispositivo de Samsung é resistente á auga e á suxedade.

Galaxy S5 Azul

As súas especificacións técnicas pasan por unha pantalla Super AMOLED de 5,1 polgadas e resolución 1080p, procesador de catro núcleo a 2,5 GHz, 2 GB de memoria RAM e modelos de 16 e 32 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 64 GB. As súas cámaras son de 16 e 2 megapixeles, con autoenfoque rápido (apenas 0.3 segundos) e gravación en 4K. A batería queda nos 2800 mAh.

É compatíbel coas redes LTE e dispón de Download Booster, unha funcionalidade que permite combinar a conectividade WiFi e 4G para descargar arquivos moito máis rápido. Dispón de microUB 3.0, NFC, Ant+ Bluetooth 4.0 e porto de infravermellos, aínda que o máis novidoso é a incorporación dun lector de pegadas dixitais no botón de inicio e outro para medir as pulsacións.

En canto a software, o Galaxy S5 vén con Android 4.4 KitKat e o novo TouchWiz, a capa de personlización de Samsung. Porén, virán preinstaladas aplicacións propias do fabricante e arredor de 450 € en software premium, como as versións de pago de Evernot, Wall Street Journal, Box, Linkedin ou Dropbox, entre outros.

Prezos e dispoñibilidade

O Galaxy S5 ten un prezo oficial de 699 € na súa versión libre, aínda que se comparamos diferentes tendas en liña poderemos ver rebaixada esta cantidade até en 100 €. Así mesmo, o novo terminal de Samsung pódese mercar desde o primeiro momento coas catro grandes operadoras de móbil, o que reduce sensibelmente o seu prezo final, tanto se pagamos de cheo como se o financiamos. Outras como móbilR meterano en catálogo máis adiante, a finais de abril ou comezos de maio.

Galaxy S5 Gold

En Movistar pódese adquirir libre e sen permanencia nun único pago de 599 €, 100 por baixo do seu PVP. Se preferimos financialo con esta compañía podemos facelo pagando 24 cotas de 24,95 € ao mes, polo que o prezo final será o mesmo, opción que tampouco implica permanencia.

Pola súa banda, en Orange debemos pagar 679 € polo terminal libre, aínda que no caso de financialo hai diferentes opcións, tal e como podemos ver na seguinte táboa. Cómpre sinalar que hai que sumar o prezo da tarifa e o do terminal, que dependerá desta.

galaxy s5 orange

No caso de Vodafone establécese un pagamento inicial (que pode ir dos 0 € aos 149 + 99 €) e unha cota mensual durante 24 meses, aínda que, a diferenza do que acontece con Orange, as cotas de Vodafone son a tarifa de móbil habitual, non hai que sumar nada a maiores.

prezos s5 vodafone

Finalmente, Yoigo ofréceo en pago a prazos durante 24 meses, partindo de 18 €/mes (432 € finais). Quen teña a tarifa Infinita 20 deberá pagar 22 €/mes (528 finais) e con Infinita 15 ou Cero 25 €/mes (600 €).

Cómpre sinalar que, aínda que todos os operadores ofrecen este dispositivo en branco e negro, as versións Gold e Azul son exclusivas (polo e agora) de Vodafone e Movistar, respectivamente.

Accesorios

Paralelamente e non menos importante, xunto a este dipositivo chegan unha rea de accesorios para o Galaxy S5, tanto orixinais como de fabricantes especializados que ofrecen todo tipo de fundas, protetores e mesmos cargadores inarámicos como o da imaxe, que podemos atopar en MobileFun por 42,99 €.

44080

Será o Galaxy S5 o voso próximo móbil?

Sobre o autor

No Responses

Reply