O pasado mes de febreiro Sony anunciou en Barcelona o Xperia Z2, o seu dispositivo de referencia para o 2014, un terminal que detaca pola súa cámara de 20,7 megapíxeles con posibilidade de gravación en 4K.
Este dispositivo incorpora ademais unha pantalla de 5,2 polgadas (1920 x 1080 píxeles), procesador de catro núcleos a 2,3 GHz, 3 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD. Vén con Android 4.4.2.
Aínda que xa podemos mercar este terminal libre por 699 €, mesmo prezo recomentado que o Samsung Galaxy S5 lanzado a semana pasada, Vodafone ofrece a partir de mañá un pack exclusivo no que, ademais do terminal engade a Smartband SWR10, iniciando así un novo camiño na aposta da operadora pola tecnoloxía wearable.
A continuación podedes consultar un cadro cos pagos iniciais e as cotas coas que se poderán adquirir terminal e pulseira a través da operadora vermella. Todos os prezos inclúen o IVE.
Plan | Pago Inicial | Cota Mensual | Inclúe |
BASE GB | 119 € | 30,36€ | Chamadas 0 cént./min + |
1GB de datos | |||
SMART S | 99 € | 37,36€ | 200 min. + 600 MB |
SMART M | 79 € | 44,36€ | 200 min. + 1,2 GB |
RED S | 0 € | 49,36€ | Chamadas Ilimitadas + 600 MB |
RED M | 0 € | 55,36€ | Chamadas Ilimitadas + 1,2GB |
RED L | 0 € | 61,36€ | Chamadas Ilimitadas+2GB |
RED XL | 0 € | 79,36€ | Chamadas Ilimitadas +4GB |
A Smartband permite aos usuarios monitorizar en tempo real toda a actividade, tanto física como das cousas que se van facendo ao longo do día co smartphone. Así, podemos ver cantos pasos demos ou as horas de sono, de xeito semellante ao que ofrece Fitbit, mais tamén ver nunha liña de tempo cando e onde sacamos unha foto ou a situación dun lugar que marcamos para volver; é o que chaman Lifelog.
A Smartband xestiónase a través dunha aplicación gratuíta e será incluída gratuitamente no pack do Sony Xperia Z2 que comercializa Vodafone. De querer mercala por separado debemos desembolsar 99 €.