O LG G2 Mini xa está dispoñíbel no noso País

20140225_123219

Tras ser anunciado durante o MWC de Barcelona, onde puidemos ter un primeiro achegamento, o LG vén de anunciar a dispoñibilidade no noso País do G2 Mini, un dispositivo inspirado no seu actual terminal de referencia de gama alta, o LG G2, pero coas súas especificacións recurtadas.

Do seu irmán maior conserva o deseño, destacando o botón traseiro, mais as súas características técnicas quedan nunha pantalla QHD IPS de 4,7 polgadas (960 x 540), procesador de catro núcleos a 1,7 GHz, 8 GB de memoria interna ampliábeis, 1 GB de memoira RAM, cámaras de 8 e 1,3 megapíxeles e batería de 2440 mAh.

LG G2 Mini mosaico

Vén con Android 4.4.2 de serie, personalizada polo fabricante. Desta personalización destaca a presenza das funcionalidades KnockOn, para espertar o dispositivo con dous toques na pantalla, ou KnockCode, que permite facer un patrón de desbloqueo con pequenos toques, o que axiliza o proceso.

Está á venda no mercado libre por 349 €, aínda que tamén se pode adquirir financiado a través de Orange e Vodafone. Nun primeiro momento estará dispoñíbel só en branco ou negro, aínda que nos próximos meses teremos versións vermellas e douradas.

Sobre o autor

Reply