Google Camera, agora para todos

google camera

Google vén de lanzar unha actualización de Google Camera (Cámara de Google), a aplicación de fotografía predeterminada dos dispositivos que empregan versións puras de Android, como a saga Nexus.

Porén, a actualización tamén trae consigo a apertura para que poidamos usala en calquera terminal con Android 4.4 (Kitkat), para o cal debemos instalala desde a Play Store.

A renovada interface simplifica as operacións de tomar fotos ou vídeos, incorporando modos creativos e mellorando a experiencia das panorámicas de 360º (Photosphere). Así mesmo tamén incopora o modo desenfoque SLR, que consegue maior profundidade nas imaxes, e visor do 100%, co que se consegue a máxima resolución sen píxeles mortos.

Preparados para compartir photospheres dos vosos lugares favoritos? 🙂

Sobre o autor

Reply