Carrera Cofrade, o xogo da Semana Santa

carrera cofrade 1

Xa se nos botou enriba a Semana Santa, coas súas procesións e actos relixiosos por moitos lugares da nosa xeografía, nomeadamente Ferrol e Viveiro, onde teñen unha longa traxectoria.

Se queremos tomarnos menos en serio estes días de recollemento, e con grandes doses de humor, a empresa Gazpacho Quickandfun pon á nosa disposición o xogo Carrera Cofrade, onde poderemos poñernos na pel dun membro dunha confradía que ten que chegar a tempo para que a súa irmandade poida saír de procesión a tempo.

carrera cofrade 2

Ao longo do traxecto deberemos ir sorteando diversos obstáculos, como a xente que se apelotoa para ver o paso das procesións, e conseguir así percorrer  a máxima distancia no mellor tempo posíbel. Polo camiño debemos coidar que a choiva non estrepee o noso traxe e mirar de comer torrixas ou recoller incensarios para aumentar a nosa puntuación final.

Podedes descargar gratuitamente o xogo desde a Play Store.

Sobre o autor

Reply