Converterse en Google Glass Explorer non é excesivamente complicado nos Estados Unidos, aínda que ninguén libra de ter que pasar por caixa e pagar os 1500 dólares que custa o prototipo actual. Mais deixando de lado o uso do trebello en si (podedes consultar a nosa análise en galego das Google Glass), antes de investir tal cantidade de cartos neste produto plantéxase unha cuestión: que modelo coller?
Até hai pouco as opcións limitábanse a cores, mais desde a presentación das monturas para as Google Glass, orientadas a quen precisa empregar lentes graduados, as alternativas son aínda maiores.
Por iso Google vén de lanzar un programa de probas orientado a candidatos a Explorers, a quen lles ofrece a posibilidade de enviarlles a un mostrario que inclúe patillas de diferentes cores e as monturas, para que poidan probar cal é o que máis lles gusta. Porén, non se trata de modelos funcionais, pois levan o microUSB inutlizado para que ninguén teña tentación de quedar con eles.
Estes modelos de proba distribúense previo depósito de 50 dólares, que son devoltos aos potenciais compradores ao devolvelos.
Que vos parece o sistema?