As Google Glass visitan Santiago e Vigo esta semana (seguramente tamén A Coruña)

google glass vigo

As Google Glass visitan esta semana Galiza da man de Andreu Ibáñez, membro do Glass Lleida Developers e de Mundo Glass, unha startup orientada ao desenvolvemento de aplicacións para as Google Glass e outros dispositivos wearables.

Ibáñez andará esta semana polo noso País dando a coñecer os famosos lentes de Google, permitindo ademais aos asistentes aos diferentes eventos ter unha primeira achega a eles. Están programadas as citas de Santiago e Vigo, aínda que seguramente haxa tamén outra na Coruña o venres.

cartel_santiago

O evento de Santiago, o primeiro que organiza o recén creado GDG de Santiago, é un hands on, que se celebrará o xoves 24 de abril ás 12.30h no Salón de CiTiUs, cunha duración aproximada dunha hora. A entrada é gratuíta.

cartel_vigo

En Vigo a xornada, organizada polo GDG Vigo, desenvolverase baixo o título Google Glass y Android Wear, los wearables según Google. Terá lugar o venres 25 de abril ás 19 horas no Club Financiero de Vigo. A entrada é libre até completar aforo e recoméndase confirmar asistencia nesta ligazón.

Sobre o autor

No Responses

Reply