OnePlus One, un novo terminal que chega para axitar o mercado

01

Hoxe era o día elixido para o evento en Beijing no que foi presentado de forma oficial un novo terminal chinés chamado OnePlus One, un terminal do que se falou moito nas últimas datas.

Todo apuntaba a que ía ter un hardaware de primeira a un prezo moi apetecíbel ao máis puro estilo Nexus e hoxe podemos confirmar que así é. Na seguinte táboa resumímosvos as características máis importantes:

OnePlus One
Polgadas/Resolución/ppi 5,5” / 1080×1920 / 401 ppi
Procesador Snapdragon 801 a 2,5 Ghz
RAM 3 gigas
ROM 16/64 gigas
Batería 3100 mAh
Cámaras principal 13 mpx (senson Exmor de Sony) / dianteira 5 mpx
Versión de Android Cyanogen 11S
Prezo 269€ (16 gigas) / 299€ (64 gigas)
Dispoñibilidade A partir do 25 de abril

leaked-images

Un punto a ter en conta é a versión de Android elixida para facer funcionar este terminal. Desta volta non se apostou por una rom oficial como fan habitualmente os fabricantes se non que a elixida foi Cyanogemod 11S, que é un versión especial feita por e para este terminal baseada en Android 4.4 KitKat, polo que agardamos que o conxunto hardware e software se entendan á perfección.

En canto á conectividade, podemos dicir que ten todo o que podemos agardar dun terminal deste nivel. Conta con LTE, WiFi 802.11ac de dobre banda, bluetooth 4.1, NFC, GPS e Glonass.

04

Tamén queremos destacar o material elixido para a súa fabricación: magnesio. Non atoparemos plástico, acabando coa lenda dos terminais grandes e pesados se non son de plástico, xa que ao elixir este material o conxunto pesa tan só 162 gramos.

En canto ao seu aspecto polo de agora atopámolo en dúas cores, negro e branco pero asegúrasenos que axiña chegaran outras carcasas para poder personalizar un pouco máis o noso terminal.

Texturas-oneplus-one

Pola nosa banda estamos desexando probar unha unidade xa que as sensacións que nos transmite este terminal son moi positivas.

E vós, se tedes que cambiar de móbil pensades neste como unha opción?

Sobre o autor

6 Comments

  1. Ivan 23 Abril, 2014 Responder
  2. Xosé Hadrián 23 Abril, 2014 Responder
  3. Álvaro M. Souto 23 Abril, 2014 Responder
  4. Erithrym 23 Abril, 2014 Responder
  5. Álvaro M. Souto 23 Abril, 2014 Responder
    • Erithrym 24 Abril, 2014 Responder

Reply