Esta semana superamos a barreira das 3000 seguidoras e seguidores no Twitter, e como mostra de cariño e agradecemento organizamos un novo sorteo, que ademais había tempo que non tiñamos ningún, e non hai que perder as boas costumes.
Para o caso, desta vez temos para regalar uns altofalantes Bluetooth da marca BoomBrick, valorado nuns 70 €. Con el poderedes disfrutar de toda a música que queirades, reproducíndoa desde o porto jack 3.5 ou enviándolla de xeito inarámico desde o voso smartphone ou tablet a través de Bluetooth.
Ten unha potencia de saída de 2 x 3 W e un diafragma radiador de graves 2 x 1,75 + 1. A súa batería é de 1200 mAh, o que se traduce en 8 horas de autonomía. Mola, eh?
Para conseguilo… que tes que facer?
- Seguir a conta do blog no Twitter, @mallandroid.
- Poñer o seguinte tweet: Pídome o altofalante bluetooth que sortea @mallandroid polos #3000androidesgalegos! Máis info > http://ir.gl/3000androides
- MOI IMPORTANTE: cubrir este formulario
Regras e condicións
- Por razóns loxísticas, desta vez o concurso limítase ao territorio galego (emigrados con domicilio en Galiza, podedes participar).
- O concurso remata o martes 29 de abril ás 23.59h. O mércores 30 de abril á mañá (10h) publicarase a listaxe de participantes, co número de participación asociado a cada un. Habilitaremos un prazo de reclamación que durará até as 17h dese mesmo día; de non avisar, entenderase que a listaxe publicada é definitiva.
- A/o gañador elixirase aplicando a operación matemática módulo “número do sorteo da ONCE do mércores 30 de abril” MOD “número de participantes”.
- Os gastos de envío corren pola conta da organización.
- Contactarase coa persoa gañadora mediante correo electrónico. De non ser posíbel ou non obter resposta nos 7 días seguintes á data de contacto pasará a ser gañadora a seguinte persoa da listaxe. E así sucesivamente.
- Calquera circunstancia que puidera xurdir e non esté considerada nestas bases quedará baixo a interpretación de Mallando no Android.
- A participación no concurso implica a aceptación de todas as regras anteriores.
Participo. A ver si hay suerte