Vic Gundotra deixa Google

vic gundotra google glass

A Vic Gundotra, quen estivo á fronte de Google+ nos últimos anos, vén de anunciar que non só deixa o seu cargo, senón tamén a compañía tras 8 anos traballando nela. Nun post en Google+ agradeceu e tivo boas palabras  para a equipa de persoas que forma parte de Google, mencionando especificamente a Larry Page, aínda que curiosamente non ao outro cofundador, Sergey Brin.

Minutos despois Larry Page respondeu no seu Google+ con outro aluvión de boas palabras, aínda que non comentou nada sobre o posíbel sucesor de Gundotra. A rumoroloxía apunta a David Besbris, actual vicepresidente de enxeñaría, aínda que non se descarta que puidera ser Brandley Horowitz, amigo persoal e man dereita de Vic nos últimos anos.

Vía

Sobre o autor

Reply