Epcoming, a aplicación que che axuda a seguir o calendario de series

epcoming

The Walking Dead, How I met your mother, The big bang theory… moitas e moitos de nós seguimos unha rea de series estranxeiras, e a nosa ansia por descargar os novos capítulos lévanos a estar pendentes de calendarios varios para estar actualizados, o cal pode chegar a resultar moi engorroso.

A aplicación Epcoming xurdiu precisamente para solucionar ese problema. Trátase dunha ferramenta deseñada con esmero para ser ao tempo funcional e áxil. Tras unha simple configuración, na que debemos seleccionar aquelas series que queiramos seguir, teremos un timeline na que se nos informa cronoloxicamente de cando se emitiu ou cando se vai emitir. Que xa vimos o capítulo? Clic sobre el e xa queda marcado. Máis doado, imposíbel.

Accedendo á listaxe completa de series tamén poderemos ir marcando os capítulos vistos, o cal pode resultarnos de gran utilidade para seguir series antigas ou como un paso máis da configuración inicial.

Epcoming é unha aplicación gratuíta que podemos descargar desde a Play Store. Se queremos eliminar a publicidade podemos pagar 2 € por ela.

Sobre o autor

Reply