Samsung presenta o Galaxy K Zoom

Cando Samsung presentou o Galaxy S5xa nos imaxinabamos que ao igual que acontecera co seu predecesor veríamos, cando menos, unha versión Mini e unha versión Zoom. Esta última xa é unha realidade, aínda que finalmente o seu nome comercial é Galaxy K Zoom.

Este híbrido entre cámara e teléfono destaca polo seu deseño, moito máis compacto que o seu predecesor, o Galaxy S4 Zoom, e inspirado no Galaxy S5, do que herda, entre outras cousas, a carcasa en acabados porosos.

galaxy k zoom

A cámara, principal característica técnica do trebello, ten un obxectivo despregábel que achega dez aumentos ópticos e a lente é de 24 – 240 mm, cunha apertura f/3.1-6.3. O sensor é un CMOS retroiluminado de 20,7 megapíxeles e o flash un xenón asistido por LED.

galaxy k zoom arriba

O resto de especificacións pasan por unha pantalla Super AMOLED de 4,8 polgadas (1280 x 720, 306 ppi), procesador Hexa Core (2 ARM Cortex A-15 a 1,7 GHz e 4 ARM Cortex A-7), 2 GB de memoria RAM, 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 64 GB, batería de 2430 mAh e conectividade 4G.

galaxy k zoom portada

En canto a software, vén con Android 4.4 KitKat con TouchWiz, a capa de personalización de Samsung, que como novidade incorpora algunha que outra nova funcionalidade para as fotografías, como o “selfie alarm”, que nos asiste para sacar autorretratos.

Agárdase a súa chegada para o mes de maio, en cando menos tres cores (azul, negro e branco), aínda que non temos prezos confirmados.

Sobre o autor

No Responses

Reply