Os reloxos intelixentes son unha tendencia este ano, e malia termos xa sobre a mesa as apostas de Samsung coa súa liña Gear, hai un dispositivo que moita xente está desexando poder lucir no seu pulso. Falamos, como non, do Moto 360, o reloxo que, xunto ao LG G Watch, dará a coñecer a nova liña de produtos wearable que empregan Android Wear.
Os compañeiros de The Verge tiveron a oportunidade de entrar nas instalacións de Motorola en Chicago e falar con Jim Wicks, deseñador deste reloxo que dará moito que falar nos póximos meses, así como tamén tomar as primeiras fotografías que amosan como queda posto no pulso. No vídeo que abre este artigo tedes toda a información.
Que vos parece? Tedes pensado adquirir este u outro reloxo intelixente este ano?
Gran dilema por varios motivos:
1. Era harduser dos reloxos clásicos até que viñeron os móbiles (e os esmarfóns) e progresivamente fun poñéndoos menos (para que levalo se xa teño a hora no móbil?). Agora tento poñer de cando en vez o reloxo pero xa non me acostumo…
2. Estes reloxos van achegar algo máis que non achega xa un esmarfón? Isto é: se o que o reloxo me ofrece é o mesmo que podo ter no móbil, sería un complemento inútil…
3. Como funcionarán? Mediante wifi? Mediante datos (pagar máis nunha fatura xa de por si escandalosa)?
4. A autonomía será un tema tamén importante
e 5. Para os que vivimos colgados do mail (traballo), non aturaría un trebello máis a dar o coñazo sobre as cousas que temos facer cando estamos na nosa vida privada…
Ola Iván, o dilema é grande pero vou tentar responder a algúns deles.
1 e 2. Desde logo que imos ter que ver algo diferente para volver pensar en empregarmos un reloxo de pulso, máis aló de dar a hora. A idea que hai detrás de Android Wear e, en xeral, de todos os wearables, é ser un complemento máis. As posibilidades non as veremos até que poidamos velo “en persoa”, pero en xeral este tipo de trebellos aportan información útil sen termos que andar sacando o móbil do peto (notificacións, posibilidade de resposta, acceso a lugares, control de pulsacións, manexo de aplicacións deportivas, música…).
En resumo, axudan a que non teñamos que sacar o móbil do peto e teñamos a información moito máis accesíbel (a miña experiencia persoal con algún que outro smartwatch que teño probado foi positiva, pasando de “non me fai falla, podo facer o mesmo co móbil” a “anda, que cómodo non ter que andar sacando o móbil”).
3. A conectividade vai ser Bluetooth, sincronizado co smartphone, aínda que sen conexión non será un trebello inútil e poderemos seguir usándoo. Non sei se no caso específico deste modelo terá opción de WiFi, pero Android Wear contempla esa posibilidade (as Glass por exemplo permiten ambas opcións para acceder á rede).
4. Nada que engadir.
5. Adoitan dispór de mecanismos que nos permiten configurar as notificacións que queremos recibir e cando, polo que entendo que este dilema quedaría solucionado 🙂
A verdade e que non me atraen demasiado os reloxos intelixentes pero de ter que comprar un, seria este, tanto por deseño exterior como por deseño interior, xa que prefiro Android Wear que as outras alternativas que vin ata o de agora.
Totalmente dacordo. Non sei se viches este render 3D, eu namorei > https://plus.google.com/107843138055382338341/posts/hRbHf9KPkRu
Eu tamén penso que a chave está en Android Wear, o certo é que as tarxetas “estilo Google Now” poden dar moito xogo. Compartimos hai unhas semanas uns gifs que teñen moi boa pinta https://plus.google.com/b/112355920223708383676/+Mallandonoandroid/posts/2ianbaxa6EA
Adoro os reloxos, é unha realidade que cada vez os viña usando menos, non é a primeira vez que quito o móbil do peto para mirar a hora tendo un reloxo no pulso na man. Aínda así, estou convencida e moi predisposta a volver a lucir preciosos reloxos que teñan o mundo dentro.