O fabricante ourensán Primux Tech vén de anunciar o lanzamento do seu novo terminal Android, o Primux Tech Kappa, un dispositivo que se porá á venda nas próximas semanas incorporando a última versión de Android dispoñíbel, 4.4 KitKat.
Das súas especificacións destaca a pantalla IPS OGS de 4,5 polgadas, que permite disfrutar dos contidos con gran brillo e nitidez. O seu procesador é de catro núcleos a 1,3 GHz, acompañado de 1 GB de memoria RAM e 4 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 32 GB.
No apartado multimedia, o Kappa vén cunha cámara principal de 8 megapíxeles, con HDR e estabilizador de imaxe, e unha frontal de 1,3. Incorpora ranuras para dúas tarxetas SIM, o que nos permite levar dúas liñas de teléfono no mesmo dispositivo, e dúas baterías de 1700 mAh.
Porase á venda nun pack que inclúe un protetor de pantalla e unha funda flip-cover.
E prezos, inda non din nada? Que ben que o anuncien, que ía comprarme un deles, e así agardo polo novo. Andará nos prezos de sempre, non? Sobre 200 euros…
Ola Pablo,
Aínda non hai información de prezos, pero tendo en conta as especificacións imaxinamos que seguirá nesa liña.
Un saúdo!
A min, este novo deseño máis cadrado gústame moito.
No, por lo que se, andará sobre los 130€
Gustariame saber se a cámara ten flash.adianto grazas.
Sí, ten flash 🙂