Logo do exitoso hands on nas Google Glass, o GDG de Santiago organiza un novo evento a semana que vén, desta vez centrado na seguridade.
O evento, que terá lugar o vindeiro día 8 de maio ás 12.15h no Salón de Actos do CiTiUS, contará coa presenza de Román Pena e Miguel Gesteiro, investigadores de seguridade IT. Baixo o título Caballo de Trivia-2. Jugándosela a 6 millones de incautos, a actividade centrarase en desarmar a aplicación Atríviate, comprometendo o xogo limpo, o protocolo e mesmo o servidor, co que se poderían empregar trampas par gañar sempre, descifrar comunicacións e mesmo comprometer 6 millóns de contas de usuario.
Tamén se falará de técnicas e ferramentas que se empregan para a enxeñaría inversa en Android.
Máis información, no evento de Google+.