Acer aposta polas tablets de 7 polgadas coas novas Iconia Tab 7 e Iconia One 7

acer iconia tab 7

Nun evento na cidade de New York, a taiwanesa Acer presentou dúas novas tablets de 7 polgadas, as Iconia Tab 7 e Iconia One 7, que chegan para seguir competindo no que seguramente sexa a liña de produto onde máis alternativas existen.

A Iconia Tab 7 comercialízase en dúas versións, ambas compartindo gran parte das súas características, como o pocesador MediaTek de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 GB de memoria RAM, 8 ou 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD, cámara de 5 megapíxeles e conectividade 3G. A diferenza está na pantalla, de 7 polgadas, pois hai unha versión con resolución 1280 x 800 e outra de 1024 x 600. Ademais, a versión en alta definición sae á venda con KitKat, mentres que a outra vén con Jelly Bean 4.2, aínda que será actualizada “axiña”.

acer iconia tab 7 2

Pola súa banda, a Iconia One 7 incorpora unha pantalla LED con resolución 1280 x 800, procesador Atom Z2560 de dous núcleos a 1,6 GHz, 1 GB de RAM, modelos de 8 e 16 GB ampliábeis por microSD e Android Jelly Bean 4.2 actualizábel a KitKat.

En canto a prezos, a Iconia Tab 7 de 8 GB chegará en maio por 149 € (199 € a versión en alta definición), mentres que a Iconia One 7 custará 139 € e estará dispoñíbel ese mesmo mes en varias cores. Das versións de 16 GB aínda non hai información confirmada.

Sobre o autor

Reply