Hai apenas un par de días coñeciamos a data do evento no que previsibelmente a coreana LG dará a coñecer o seu novo terminal de referencia, o LG G3 e, se cadra, o novo LG G Watch.
Dúas imaxes aparecidas esta mañá amosan este novo dispositivo en todo o seu esplendor, tanto por diante como por detras, o que nos permite confirmar que máis unha vez teremos un dispositivo con marcos laterais mínimos e no que repiten a estratexia do botón traseiro. Así mesmo, tamén se aprecia a presenza de dobre flash na parte posterior.
A ausencia de tapas no conector microUSB serve para descartar a súa hipotética resistencia á auga, algo que moitos daban por suposto ante a aposta neste sentido de Samsung e Sony nos últimos dispositivos presentados.
Agárdase que o novo terminal referencial de LG estree nova capa de personalización software, algo que sen dúbida é o aspecto que máis teñen que mellorar.
[Actualización 04/05/2014] Unha filtración de evleaks revela unha nova imaxe, desta vez unha captura de prensa na súa versión negra: