Desta volta a aplicación que vos queremos amosar é un widget do tempo un pouco especial. A aplicación chámase FWeather Widget e ten como particuladirade as súas mensaxes un pouco vulgares. Nas seguintes capturas veredes do que falamos:
Na captura da esquerda vemos unha mesaxe baixo o widget que sae cando tocamos algún botón e ao non responder, intentámolo unha e outra vez.
En xeral, podedes ver como as mesaxes que aparecen son un tanto bastas, máis isto, é onde está o “encanto” do widget, deixando unha cousa clara: non destaca por ser a mellor aplicación para consultar o tempo, só pretende ser a máis divertida.
Por outra banda, a aplicación non ten moito máis. Conta cun menú de configuración moi sinxelo para facer algún axuste básico pero si queriamos destacar a opción de compartir. Premendo ese botón, atopamos todas a redes sociais polas que enviar as mesaxes. Así, se collemos o exemplo de Twitter, veriamos que podemos compartir, isto:
Esta aplicación está dispoñíble da Play Store, dun xeito totalmente gratuito.