Google quere darlle unha volta ao xeito en que manexamos os nosos favoritos, ter o seu propio Pocket de marcadores. Este proxecto chámase Google Stars e vimos de coñecer un vídeo co que podemos ter un primeiro achegamento ao seu funcionamento.
A idea é un servizo rico en canto a funcionalidades, xa que non só favoritizaremos, senón que ademais poderemos organizar a través de categorías os nosos marcadores, creando cartafoles públicos e privados. Stars compleméntase cun sistema de busca avanzada co que será máis doado localizar a ligazón que queremos recuperar (nisto non hai quen lles gane) e amosará miniaturas dos enlaces para ofrecer unha experiencia máis visual.
Polo de agora o proxecto está en fase de desenvolvemento, e aínda que polas datas nas que estamos poderíamos pensar no Google I/O como hipotética data de presentación, desde 9to5google aseguran que o software aínda está moi verde para chegar a tempo.
Que tal pinta vos ten?
Non entendo moi ben a función que se supón pretenden conseguir. Tampouco o futuro que terá algo como https://www.google.com/bookmarks/
A min tenme trazas dun “pocket”
Pois se se confirman ás características “pocket” e lle sumamos o que aparece no vídeo, “folder” penso que teño claro cal usar.