Un vistazo a Google Stars, o novo sistema de marcadores de Google

Google quere darlle unha volta ao xeito en que manexamos os nosos favoritos, ter o seu propio Pocket de marcadores. Este proxecto chámase Google Stars e vimos de coñecer un vídeo co que podemos ter un primeiro achegamento ao seu funcionamento.

A idea é un servizo rico en canto a funcionalidades, xa que non só favoritizaremos, senón que ademais poderemos organizar a través de categorías os nosos marcadores, creando cartafoles públicos e privados. Stars compleméntase cun sistema de busca avanzada co que será máis doado localizar a ligazón que queremos recuperar (nisto non hai quen lles gane) e amosará miniaturas dos enlaces para ofrecer unha experiencia máis visual.

google stars

Polo de agora o proxecto está en fase de desenvolvemento, e aínda que polas datas nas que estamos poderíamos pensar no Google I/O como hipotética data de presentación, desde 9to5google aseguran que o software aínda está moi verde para chegar a tempo.

Que tal pinta vos ten?

Sobre o autor

3 Comments

  1. Iván 5 Maio, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 5 Maio, 2014 Responder
      • Álvaro M. Souto 6 Maio, 2014 Responder

Reply