Busuu, a túa aplicación para aprender idiomas

Hoxe queremos analizar a aplicación móbil dunha rede social para aprender idiomas chamada Busuu.

screenshot-20140425-141948

A app está ben estruturada, resultando moi sinxelo movernos por ela. Para comezar só temos que elixir o idioma que queremos aprender dunha listaxe de 11. Unha vez feito isto, seleccionamos o nivel do que queremos partir, e descargamos a unidade, como vemos na captura. Recomendámosvos que a fagades por WiFi para aforrar datos.

screenshot-20140425-142142

screenshot-20140425-142208

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Unha vez feita a descarga, xa temos acceso ás diferentes partes da unidade. Vemos que son 4, adicadas cada unha a un apartado importante á hora de aprender unha lingua:

screenshot-20140425-142301

Unha vez aquí xa todo depende de nós: temos que ir facendo o traballo que se pide nos diferentes apartados até chegar ao final da unidade, no que atopamos unha revisión. O seu, sería tomalo como un exame no que demostrarnos o aprendido.

Na aplicación atopamos cunha opción que nos gustou moito. Foi un calendario no que poñer un recordatorio un día e hora concreto para estudar e deste xeito non esquecelo.

screenshot-20140425-142451

Que pensades vós? Pode ser un bo método para aprender ou lembrar o xa aprendido? preferides outros métodos?

Para aqueles interesados, ademáis de ter unha versión web, contamos cunha aplicación que podemos atopar na Play Store dun xeito totalmente gratuito.

Sobre o autor

Reply