Huawei presenta o seu novo Ascend P7

Tal e como estaba previsto, a chinesa Huawei vén de presentar novo terminal, o Ascend P7, un dispositivo co que quere seguir ampliando a súa cota de mercado en Europa.

huawei

O novo trebello destaca polo seu deseño ultradelgado, apenas 6.5 mm, e integra unha pantalla FullHD de 5 polgadas, procesador de catro núcleos a 1,8 GHz, 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, aínda que estes poderán ser ampliados a través de tarxetas microSD. A batería é de 2500 mAh.

huawei ascend p7

No apartado das cámaras, a principal ten un sensor BSI Sony de 13 megapíxeles, resolución que semella ser o punto de partida de todas as gamas altas. Pola súa banda, destaca a calidade da frontal, de 8 megapíxeles, pensando en aqueles usuarios interesados nos autorretratos.

huawei ascend p7 frame

A conectividade é outro punto forte desde dispositivo, apostando polo chamado “zero wait”, LTE Cat6 que optimiza o consumo de batería e achega altas taxas de transferencia. En canto a software, vén con Android 4.4.2 KitKat e a interface habitual do fabricante chinés, Emotion UI

Chegará este mesmo mes ao noso País por 449 € en negro, branco e rosa.

Sobre o autor

Reply