No día de hoxe queremos compartir con vós unha aplicación moi interesante para seguir unha morea de deportes que se chama Mis Marcadores.
Trátase dúnha aplicación moi completa coa que podemos seguir moitos deportes diferentes ofrecéndonos unha longa listaxe dos que podemos destacar, ademáis dos lóxicos como fútbol ou baloncesto outros menos populares no noso País como poden ser o cricket, badminton, béisbol ou fútbol australiano. Podemos afirmar que os amantes do deporte tedes con Mis Marcadores, a ferramenta necesaria para estar ao día.
Unha vez seleccionado o deporte no que estamos intesados, para nós é máis doado elixir o fútbol xa que se cadra é o máis coñecido pola maioria, só temos que decidir sobre que liga do mundo queremos ter información. Unha vez decidido, chegamos á listaxe de partidos dese día e dos xa xogados atopamos moita inforamción sobre como foi o partido como podemos ver na captura:
Tamén atopamos unha opción chamada “Directo” desde a que accedemos dun xeito sinxelo a todos os partidos que se están xogando nese momento e así informarnos sobre como van. Ademáis, como non pode ser doutro xeito, na seccións “Clasificaciones” podemos acceder ás clasificacións das diferentes ligas obtendo moita información referente aos ascensos, descensos, puntos,…
Para facilitarnos un pouco o traballo, a aplicación conta cun calendario co que podemos ir a un día determinado e ver que partidos hai nese día en concreto ou un dos xa xogados para poñernos ao día do que pasou no partido do noso equipo se polo que fose, non o puidemos ver.
Queremos destacar que a aplicación foi recentemente mellorada engadindo algúns puntos que para nós, apórtanlle valor:
- Podemos editar as “Competicións Populares” e elixir que cales mostrar entre os 26 deportes á nosa disposición.
- Comentarios en directo nestas ligas: Liga BBVA, Bundesliga, Premier League, Serie A e UEFA Champions League.
- Táboas de goleadores nas principais ligas.
- A nova versión está optimizada para tablets.
Con todo o comentado podemos afirmar que Mis Marcadores é unha boa opción para está ao día dos nosos deportes favoritos e podédela descargar dun xeito totalmente gratuito desde a Play Store. Do mesmo xeito, podedes acceder a toda esta información na súa páxina web.