Presentan o Moto E, o primeiro dispositivo de Motorola en mans de Lenovo

Motorola vén de presentar o primeiro terminal dunha nova era, a que iniciou hai uns meses tras ser adquirida por Lenovo, logo de ter estado en mans de Google. Da man do buscador, Motorola volveu recuperar o mercado con terminais como o Moto G e Moto X, dous éxitos de vendas grazas a unha das mellores relacións calidade – prezo dos últimos anos.

moto e 3

O novo Moto E, presentado hoxe, incorpora unha pantalla de 4,3 polgadas e resolución HD 720p, aderezada cun procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 1 GB de memoria RAM e 4 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 32 GB. A súa cámara principal é de 5 megapíxeles e a batería de 1960 mAh. Así mesmo, é resitente á auga, pequenas caídas e rabuñadas.

moto e 2

En canto a software, vén con Android 4.4.2 KitKat, a última versión dispoñíbel de Android, que imaxinamos moverá con fluídez abonda, xa que esta versión do sistema operativo está orientada a trebellos con poucos recursos.

moto e cores

Como podedes apreciar, trátase dun dispositivo modesto, cunha clara intención de ser para moitos o primeiro dispositivo, e chegará ao noso mercado por 119 euros.

Moto G en branco e LTE

O anuncio do novo Moto E coincide co lanzamento dunha nova versión do Moto G, en branco e con conectividade 4G e slot para microsd por un prezo de 189€.

Sobre o autor

No Responses

Reply