Filtradas as imaxes de prensa oficiais do LG G3

lg g3 filtrado negro

Logo da espectación xerada no seu momento polo Samsung Galaxy S5, é a quenda de LG e o seu novo LG G3, un dos dispositivos máis agardados do panorama Android. Este dispositivo, cuxa presentación está prevista para o próximo 27 de maio, destaca pola súa pantalla, un panel QHD de 5,5 polgadas e resolución 2560 x 1440 (538 ppi), unha calidade superlativa combinada cuns marcos practicamente inexistentes.

lg g3 filtrado negro fronte

Como vedes no artigo, as imaxes de prensa do dispositivo en negro, branco e dourado foron filtradas, polo que poucos segredos quedan por descubrir del, máis aló das súas especificacións finais, pois ademais da pantalla só está claro que integrará un procesador Qualcomm SnapDragon 805 e que virá con 3 GB de RAM.

lg g3 filtrado branco lg g3 filtrado dourado

Vía

Sobre o autor

Reply