Até o de agora, entrar a formar parte do programa Explorers de Google Glass requería un convite, aínda que tamén hai que dicir que non era moi complicado facerse con un, posto que en eBay rondaban os 40 dólares.
Así a todo, Google vén de anunciar que agora eliminan este requisito, polo que calquera residente nos Estados Unidos pode mercalas directamente pagando os 1500 dólares que custa o trebello actualmente. Con este movemento pretenden ampliar o programa de exploradores para acelerar o proceso de probas e ter unha versión definitiva (e comercial) das Google Glass a finais de ano.
Na nosa mente está o Google I/O, o evento de desenvolvedores que se celebrará en xuño e no que está previsto termos grandes novidades no que ten a ver cos wearables, nomeadamente Android Wear.
Que vos parece esta nova? Mercaríades xa os lentes de Google se saísen a un prezo semellante no noso País ou agardaríades a termos a versión final? Podes pasarte poal nosa análise das Google Glass que fixemos hai unhas semanas.