Energy Sistem pon á venda os seus primeiros smartphones

Durante o MWC Energy Sistem anunciou a chegada dos seus primeiros smartphones, logo dunha longa traxectoria no mundo das tablets. Porén non foi até o de agora cando estes novos trebellos chegan ás nosas tendas.

energy-phone-pro

Falamos do Energy Phone Pro e Energy Phone Pro Qi, dous dispositivos que unicamente se diferencian en que a versión Qi soporta este tipo de carga inarámica e integra 32 GB de memoria interna no canto de 16.

Polo demais, a pantalla é un panel FullHD (1920 x 1080, 440 ppp) de 5 polgadas con tecnoloxía OGS. O seu procesador é de oito núcleos (MediaTek MT6582) a 1,7 GHz, e a súa memoria RAM de 2 GB. Integra dúas cámaras, de 13 megapíxeles a posterior e de 5 a frontal, ambas con flash LED.

Estes dispositivos de coidado deseño integran ademais unha batería de 2300 mAh e veñen con Android 4.2.1 (Jelly Bean), aínda que imaxinamos que terán a ben actualizalos a KitKat.

Pódense mercar por 249 € a versión de 16 GB ou por  279 € o de 32 GB con carga Qi.

Sobre o autor

Reply