miSmart Xenior e miSmart Xlim, os novos dispositivos de Wolder

WolderElectronics-mismart-Xlim_Xenior

A española Wolder vén de dar a coñecer dous novos terminais cun enfoque totalmente distinto, o miSmart Xenior, pensado para as persoas de idade avanzada, e o miSmart Slim. Ambos os dous veñen con Android 4.2 Jelly Bean e sistema dual SIM.

WolderElectronics-mismart-Xlim

O miSmart Slim, que destaca polo seu deseño ultradelgado, incorpora unha pantalla IPS HD de 5 polgadas (1280 x 720 píxeles), cun ángulo de visualización de 178º. O seu procesador é de catro núcleos a 1,3 GHz, ten 1 GB de memoira RAM e 4 GB de memoria interna ampliábeis por microSD. A súa cámara principal é de 13 megapíxeles (sensor Sony) e a frontal de 5.

wolder-mismart-Xenior

Pola súa banda, o miSmart Xenior, orientado a un público de idade avanzada dispón dun panel de 4,5 polgadas, procesador dual core a 1,3 GHz, 1 GB de RAM, 4 GB de memoria interna ampliábeis, cámaras de 8 e 2 megapíxeles e radio.

Mais se cadra o máis destacado deste dispositivo é a presenza dun botón S.O.S. co que o usuario pode dar a alarma no caso de que se atope nunha situación de emerxencia, avisando aos números de contacto preseleccionados das coordenadas nas que se atopa. Así mesmo, a interface visual ten botóns grandes que permiten un manexo máis doado e o acceso directo ás funcionalidades máis habituais.

En canto a prezos, o miSmart Slim véndese por 179 €, mentres que o miSmart Xenior ten un PVP de 129 €.

Sobre o autor

Reply