Se houbo un terminal que revolucionou o mercado no 2013 este foi sen dúbida o LG G2, un dispositivo co que LG soubo posicionarte na vangarda da innovación e que hoxe vén de recibir o seu sucesor, o LG G3.
O novo G3 destaca especialmente pola súa pantalla, un panel QHD de 5,5 polgadas e resolución 2560 x 1440 (nin máis nin menos ca 538 ppi); porén, este tamaño ficará nun dispositivo de contidas dimensións, posto que conseguiron reducir aínda máis os escasísimos marcos que a rodean.
O resto de especificacións pasan por un procesador de catro núcleos a 2,46 GHz, 2 GB de memoria interna e 16 ou 32 GB de memoria interna. Porén, estes poden ser ampliados con tarxetas microSD de até 128 GB.
A batería é de 3000 mAh, mais a diferenza do anterior modelo, extraíbel, polo que poderemos dispór de máis dunha pila para non quedar nunca sen autonomía (aínda que co LG G2 acádanse os 2 días de uso sen moito problema).
No apartado das cámaras, a principal ten un sensor de 13 megapíxeles, novamente con estabilizador de imaxe, aínda que a súa principal novidade é a introdución dun sistema autofocus láser que detecta a profundidade do que se fotografía. A frontal é de 2,1 megapíxeles, e inclúe unfa función de recoñecemento de xestos para as selfies.
Funda
Ademais do teléfono en si, LG tamén traballou nunha nova funda intelixente para o seu G3, a LG QuickCircle, que destaca precisamente polo seu oco circular frontal no que poderemos ver as notificacións e diversos widgets nos que estivo a traballar o fabricante coreano.
Prezo e dispoñibilidade
Agárdase que o novo dispositivo de LG chegue ao noso mercado en xullo por 599 €.