LG G3: a innovación tamén está no software

lg g3 cores

Ademais de todas as novidades hardware do recén anunciado LG G3, o novo terminal da compañía coreana introduce funcionalidades software que aumentan se cabe as súas capacidades premium, todo ilo baseándose en Android 4.4 KitKat, a versión do sistema operativo co que sae á venda.

lg g3 teclado

A primeira delas é Smart Keyboard, un novo teclado que vai aprendendo dos nosos hábitos de escritura para que a experiencia sexa moito máis rápida e funcional. Dunha banda reduce até nun 75% os erros de escritura, e por outra é capaz de predicir a seguinte palabra que queremos escribir, de xeito semellante ao que fan teclados como Swiftkey. As opcións de teclado compleméntanse con teclas configurábeis polo usuario nas que poder meter os símbolos que usemos con máis frecuencia.

LG G3_03

Smart Notice é un novo asistente persoal que achega consellos e suxerencias dacordo ao noso comportamento e ubicación. Así, se por exemplo rexeitamos unha chamada e non a devolvemos, Smart Notice lembraranos o feito, non fora ser que se nos esquecera. Outro exemplo de uso é aconsellar levar un paraugas se o terminal comproba que ao longo do día haberá episodios de choiva.

lg g3 software

Pola súa banda, Smart Security é un set completo de funcionalidades de seguridade deseñadas para que perder o teléfono non sexa moitvo de disgusto (en canto á confidencialidade dos nosos datos, claro). Entre elas atopamos Knock Code, que coñecemos no G2 Mini e permite a creación dun código personalizado para desbloquear a pantalla; Content Lock, que agocha arquivos para cando deixamos o dispositivo a alguén (mesmo ao conectalo a un ordenador) e Kill Switch, que permite inutilizar o teléfono a distancia, borrando todos os nosos datos.

As novidades software compleméntase con outras funcionalidades de menor importancia, como o modo selfie, que permite activar a cámara mediante o xesto de abrir a man.

Que vos parecen estas novidades? Será o LG G3 o voso próximo móbil?

Sobre o autor

One Response

  1. Álvaro M. Souto 27 Maio, 2014 Responder

Reply