Así é o Google Car

A cotío falamos por acó de Google X, o laboratorio de ideas diferentes de Google de onde adoitan saír as ideas máis innovadoras, como as Google Glass. Agora veñen de presentar o novo Google Car, do que xa tiñamos oído falar en diversas ocasións pero que non sabiamos que se estaba a construír dede cero.

O prototipo é un automóbil biplaza que prescinde de volante e pedais, xa que, sinxelamente, non os necesita. Todo queda reducido a un botón de acendido e a unha aplicación para Android co que poderemos indicarlle as instruccións de destino.

google car

Isto non quita que teñan traballado moito en todo o que xira arredor da seguridade, conseguindo eliminar os puntos cegos que temos os condutores convencionais e facendo que este vehículo sexa capaz de detectar obxectos con moitos metros de distancia, permitindo o funcionamento sen problemas en rúas transitadas.

O prototipo presentado por Google acada unha velocidade de 40 km/h e o no seu interior atopamos unicamente dous asentos e espazo para levar equipaxe, ademais dunha pantalla desde a que poderemos seguir a ruta do percorrido que estamos a facer.

Que vos parece este novo invento?

Vía

Sobre o autor

No Responses

Reply